top of page
cenit_logo_c.png

O mapa Cénit de experiencias de Educación para a Cidadanía Global (ECG) é unha ferramenta creada co obxectivo de xerar un espazo para coñecer, cuestionar, reflexionar e avanzar conxuntamente na superación do enfoque reducionista e testemuñal da ECG. O mapeo das experiencias permite, non só identificalas, senón tamén negociar significados, explorar problemas, compartir solucións e xerar redes colaborativas presentes e futuras. 

 

É, polo tanto, un mapa temporal, aberto e dinámico, en construción e actualización permanente, que permitirá coñecer o presente (sempre vivo) e debuxar posibilidades futuras de actuación. 

O mapa xeolocaliza experiencias organizadas en catro capas (que se poden activar ou desactivar). O ícono das experiencias permite identificar o tema principal da iniciativa, a vinculación curricular disciplinar ou interdisciplinar e multinivel. Ao facer clic en cada unha das experiencias, podes acceder a máis información ao respecto.

Unha funcionalidade interesante da aplicación é que permite filtrar as experiencias segundo o que nos interese. 

Descubre o mapa

LENDA

ETAPAS EDUCATIVAS

CENTROS

Só unha etapa

Varias etapas

Centro escolar

Centro universitario

Entidade social

CARÁCTER

iconos-06-06.png

Experiencia con vinculación curricular (disciplinar ou interdisciplinar)

Queres saber máis sobre as posibilidades de uso do mapa ou entender mellor o seu funcionamento?

imaxe presentación mapa.png

O proxecto

Dende 2013 á actualidade, a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia e o Grupo de Investigación ECIGAL vimos reforzando a idea de que é importante superar o enfoque que reduce a Educación para a Cidadanía Global (ECG) no sistema educativo a experiencias puntuais e illadas. Identificamos un número importante de profesionais en exercicio que están levando a cabo iniciativas moi interesantes, xa sexa de xeito individual ou colaborativo, con entidades sociais.

Ante esta realidade, consideramos imprescindible coñecer o estado da cuestión como punto de partida para tecer unha rede de centros e entidades que traballen en ECG, así como establecer liñas de colaboración e aprendizaxe compartido. O mapa responde a este doble propósito.

Obxectivos

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL

O concepto de Educación para a Cidadanía Global (ECG) está en constante revisión porque é un concepto dinámico, que se vai adaptando á realidade complexa e cambiante. Para Edgar Morin (2010) a ECG é unha estratexia ética de transformación ecosocial, a través da aprendizaxe colaborativa e comprometida coa construción de sociedades xustas e solidarias, que parte do pensamento complexo como modelo de aprendizaxe, e incorpora a incerteza, a ecodependencia e a corresponsabilidade como características do proceso, cara a comprensión, a solidariedade intelectual e moral da humanidade.

Experiencias

Descubre algunhas das experiencias de Educación para a Cidadanía Global recollidas no mapa Cénit.

imaxes experiencias_Mesa de trabajo 1.png

Horizonte 2030

O seu obxectivo é promover liderados positivos entre a mocidade, tomando como referencia a Axenda 2030 para "ser vixías do cumprimento das políticas públicas de loita contra a pobreza" e a experiencia das contrapartes locais en terreo.

imaxes experiencias_Mesa de trabajo 1 copia 2.png

Cambiemos as narrativas

Alumnado de primaria de centros educativos galegos crean durante os meses de outubro e novembro unha campaña publicitaria, que con voz propia, loita contra os estereotipos de xénero desde a infancia.

imaxes experiencias_Mesa de trabajo 1 copia.png

Conectando mundos

Permite ás rapazas e rapaces conectar con alumnado doutros países e abordar problemas dun xeito colaborativo co fin de procurar solucións. Entendendo como unha riqueza a interculturalidade a través do traballo en equipo.

Participar

Súmate ao mapa

Tes interese en coñecer o traballo que se está a desenvolver en ECG en centros educativos? Desenvolviches algún proxecto, iniciativa ou actividade en Educación para a Cidadanía Global (como docente ou entidade social), en centros educativos?

Cubre o formulario e fainos chegar a túa experiencia ou descubre como integrala ti no mapa:

Quen presenta a experiencia?

Grazas por sumarte! Poñerémonos en contacto contigo o antes posible para coñecer a fondo a experiencia.

Comunidade ECG

Se tes interese na Educación para a Cidadanía Global, súmate a esta comunidade, conversa con persoas, centros e entidades que traballan a temática e comparte recursos.

Subscríbete!

Tes interese en coñecer o traballo que se está a desenvolver en ECG en centros educativos?

Grazas por subscribirte!

Se queres saber máis desta experiencia, escríbenos ou síguenos nas nosas redes sociais:

  • Black Instagram Icon
  • Black Facebook Icon
  • Negro del icono de YouTube
  • Icono negro Vimeo
cenit_logo_c.png

Desenvolvido por:

logo_Solidaridad-internacional_Galicia.png
UDC-Emblema.jpg
ECIGAL.png

Equipo técnico:

Emapic.png

Financiado por:

logo_Xunta-Galicia.png
logo_cooperación-galega.jpg
Gene20_Design_FINALS_6.png
bottom of page