Clic contra a soidade non desexada (2023)
IP: Renée DePalma
Outras persoas do equipo investigador: María Barba Núñez, Antía Domínguez Rodríguez, Isabel María Martínez Carillo
Entidade colaboradora: Fundación Esplai Cidadanía Comprometida
Entidade financiadora: Xunta de Galicia
Cantidade da financiación: por convenio entre Esplai / UDC
Inicios de 2023 nace a colaboración entre a Fundación Esplai Cidadanía Comprometida, que leva dende 1999 traballando pola inclusión social de colectivos vulnerables, e o grupo de investigación ECIGAL da Universidade da Coruña, que se dedica a promover e investigar a Educación para a Cidadanía Global (ECG) e outras educacións críticas e transformadoras.
Como parte do proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia “Clic contra a soidade non desexada”, Fundación Esplai conta con ECG para levar a cabo unha investigación baseada en principios participativos. Coas persoas maiores, indagamos sobre como crear redes de apoio informais a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como forma de previr e abordar a soidade non desexada, unha tendencia especialmente preocupante entre persoas desta franxa etaria.
Queriamos situar ás persoas maiores no centro desta investigación, non só por ter en conta as súas demandas, senón permitindo que actúen na toma de decisións durante o proceso de indagación, así como no deseño de accións a reflectir nun documento final. Foi un elemento imprescindible para este proxecto xerar espazos de debate sobre estas cuestións, coa implicación de persoas maiores e axentes sociais, para o cal creamos un equipo de asesoramento que nos acompañou ao longo da investigación.
Os resultados están publicados na páxina web de Esplai, e está dispoñible tamén unha versión galega do informe.
Publicacións
Informe "Clic contra a soidade non desexada" Edita. Fundación Esplai