top of page

VIII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global. Currículo e acción social para a transformación  

Mércores 9 de novembro

Facultade de Ciencias da Educación (Campus Elviña). Universidade da Coruña

Salón de actos (mañá) e Salón de graos (tarde)

flower-3597681__340.webp

Benvida

Un ano máis a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolle as Xornadas de Educación para a Cidadanía Global, organizadas polo grupo de investigación Ecigal e a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, indo xa pola súa oitava edición.  

 

Nesta ocasión, as xornadas están orientadas ao profesorado e alumnado das titulacións de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social, así como a profesorado do resto de etapas educativas e ao persoal técnico e/ou voluntario de diversas entidades, ONGs e colectivos sociais interesados en traballar esta temática. 

 

Durante as mesmas preténdese achegar a ECG como unha pedagoxía crítica, apropiada para dar resposta ás grandes problemáticas globais actuais tanto dende o currículo escolar como dende a acción social. Abordaremos os retos socioeducativos do presente e do futuro e coñeceremos iniciativas transformadoras e motivadoras das que aprender.

Nestas Xornadas contaremos con

10:00

Faladoiro sobre a Educación para a Cidadanía Global hoxe

  • Carlos Gómez, mestre de primaria. El Aula Revuelta (Valencia). 

  • Javier Saborido, responsable de educación. Madre Coraje (Andalucía). 

  • Raquel López, educadora social. Asamblea de Cooperación pola Paz (Galicia). 

Dinamiza: María Caride, educadora social de Solidariedade Internacional de Galicia e membro de Ecigal. ​

11:00

Boas prácticas de ECG desde a escola 

  • Experiencias en educación infantil e primaria. Carlos Gómez de Aula Revuelta. 

Presenta: Rosa Méndez, docente da Universidade da Coruña e membro de Ecigal. 

12:00

Descanso

- - -

12:30

Boas prácticas de ECG desde a acción social

  • Activistas polo mundo que queremos. Raquel López, educadora social, Asamblea de Cooperación pola Paz.  

  • Desequilibrio aos soños compartidos: construción de narrativas de futuro sostible. Andrea López, educadora social, Feitoría Verde. 

  • A festiña das flores. Tania Vázquez (Xaruma), Marcos Vázquez (profesor colexio San José) e Rosbelys Carolina Ostos (Provivenda). 

  • EpDLab: Laboratorio de Educación para a Cidadanía Global e narrativas dixitais. María Lobo (Agareso)

Dinamiza: Ana Lampón, educadora social de Solidariedade Internacional de Galicia e membro de Ecigal.

14:00

Descanso para xantar

- - -

16:00

a 19:00

Obradoiro. Estratexias para vincular a ECG ao currículum

  • Javier Saborido, responsable de educación. Madre Coraje (Andalucía). 

Acompaña: Renée DePalma, docente da Universidade da Coruña e membro de Ecigal. 

Organiza        

Ecigal_logo_edited_edited.png
logo_Solidaridad-internacional_Galicia.png
03_Simbolo_logo_cor.png

Financia e apoia

xunta-cooperaciongalega-agrupado.jpeg
OCV.jpg
logo_25_anos2.jpg

Certifica

OCV.jpg
03_Simbolo_logo_cor.png

Certificado de 4 horas de formación por asistencia na Xornada da mañá, e 8 horas de formación pola asistencia completa.

Registrarse
Stationary photo

Desexas participar das xornadas?

imagotipo estreliña.png
  • Facebook
  • Instagram
bottom of page