top of page

Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de IAP nun centro educativo de Galicia (II) (2016-2017)

IP: Renée DePalma 

Outras persoas do equipo investigador: Begoña Bas López, Ánxela Bugallo Rodríguez, Patricia Carballal, Mª Dolores Cotelo Guerra, Patricia Digón Regueiro, Luis Iglesias Salgado, Silvana Longueira Matos, Rosa María Méndez García, Mª Cristina Naya Riveiro, Vanessa Pazos Leis, Mª Cristina Pérez Crego, Araceli Serantes Pazos, Iria Sobrino Freire, María Helena Zapico Barbeito   

Entidade colaboradora: CPI Virxe da Cela e Solidariedade Internacional Galicia

Entidade financiadora: Cooperación Galega (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia) 

Cantidade da financiación: 44.919,00 euros

Na segunda fase deste proxecto de investigación-acción colaborativa (IAP), traballamos os procesos de posta en marcha e da recollida e análise de datos. A aplicación do Plan de Acción Integral implicou a realización de certas modificacións non previstas sobre o deseñado, debido ao cambio de curso académico acompañado dun proceso de mobilidade docente.

 

As accións deseñadas integráronse no proxecto "A vaquiña  polo que vale" e, para cada proposta didáctica, definiuse: a actividade a realizar, os obxectivos, os contidos, as metodoloxías, os recursos, os procesos de avaliación, a conexión co proxecto de centro e con outros proxectos, o profesorado involucrado, o nivel educativo, as temáticas e a súa vinculación co currículo.  Os plans específicos tiñan os seguintes nomes: Plan I: Explotacións gandeiras; Plan II: Leite; Plan III: Mundo e sociedade.  

  

Utilizamos unha perspectiva emic (ao recoller as avaliacións do profesorado das aulas, para proporcionar a visión interna) e unha etic (ao participar e observar nas practicas, coa perspectiva externa). Analizamos tamén as relacións inter-institucionais que se xeraron ao longo da colaboración. 

​

Publicacións

2019

DePalma, R. (2019) La educación para el desarrollo y la ciudadanía global. Barcelona: Graó. 

2017

Pérez Crego, Cristina; De Palma, Renée; Serantes Pazos, Araceli; Rodríguez Romero, Mar; Zapico Barbeito, Helena; Pazos Leis, Vanessa; Cotelo Guerra, M. Dolores, Iglesias Salgado, José Luis e Lampón Gude, Ana (2017). Investigando colaborativamente en Educación para el desarrollo. Crónica de una experiencia. III Congreso Internacional de Estudios del Desarrollo. ¿Qué desarrollo queremos? La Agenda Post 2015 y los Objetivos de Desarrollo Sostenible, pp. 619-628. Zaragoza: Cátedra de Cooperación para el Desarrollo, Universidad de Zaragoza 

2016

Serantes Pazos, Araceli; Cotelo Guerra, M. Dolores, Iglesias Salgado, José Luis; Zapico Barbeito, Helena; Pérez Crego, Cristina; Pazos Leis, Vanessa; Lampón Gude, Ana e Paz Gutiérrez, María (2016). Educación para el desarrollo e investigación colaborativa: la experiencia de SI-G y UDC con los centros educativos. Cristina Mesquita, Manuel Vara e Rui Pedro (Ed.) (2016). 1.º Encontro Internacional de Formação na Docência (INCTE), pp. 659-666. Bragança: Instituto Politécnico de Bragança. 

bottom of page