
María Caride Delgado
Son Educadora Social e Técnica de Proxectos na ONGD Solidariedade Internacional de Galicia. Traballo no Departamento de Educación para a Cidadanía Global da entidade.
A miña labor céntrase principalmente en promover a Educación para a Cidadanía Global, tanto no eido regrado (en todas as etapas educativas), como no non regrado así como na xeración de colaboracións e sinerxías con distintas institucións e organizacións que teñan como finalidade a transformación social e política cara unha cidadanía global crítica, empoderada e emancipada.
Dende as ONGD somos conscientes de que é fundamental camiñar cara prácticas de traballo colaborativo interinstitucionais, nas que cada entidade asuma un rol diferenciado, acorde ás súas potencialidades, pero que nos permita dar respostas comúns ás complexidades da sociedade actual de maneira integral. Por iso que penso que contar con perfís como o meu, alleos á academia, máis achegados á acción, tamén aporta valor ao grupo de investigación ECIGAL.
Contacto
Solidariedade Internacional de Galicia
Vereda del Polvorín 2
15002. A Coruña
981243506