O grupo de investigación ECIGAL da Universidade da Coruña (España) dedicámonos a promover e investigar a Educación para a Cidadanía Global (ECG) e outras educacións críticas e transformadoras. Entendemos que a ECG é unha estratexia ética de transformación ecosocial, a través da aprendizaxe colaborativa e comprometida coa construción de sociedades xustas e solidarias.
Desenvolvemos un importante traballo de posta en relación de institucións de educación regrada (como escolas e universidades), con outros axentes sociais relevantes, como ONG e outras organizacións. Así mesmo, dende a óptica da educación social, traballamos en diferentes contextos educativos e comunitarios, na promoción de procesos críticos e transformadores que contribúan á xustiza social e ambiental.
Priorizamos o uso de metodoloxías de investigación participativa e o desenvolvemento de alfabetizacións críticas (dixitais) que nos poden axudar a identificar, reinterpretar e deconstruír as desigualdades globais.
TRAXECTORIA
2013
2017
2018
2020
No ano 2013, un grupo de investigadoras da UdC comezamos cunha experiencia de investigación en EpD da man da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia (SIG).
Desde entón, desenvolvemos sen interrupción experiencias de investigación-acción colaborativa, financiadas pola Xunta de Galicia en convocatorias de concorrencia competitiva. Cada proxecto dá resposta a problemas ou inquietudes que xurdiron no anterior.
Despois de anos traballando en centros educativos de primaria e secundaria, puxemos a mirada na formación universitaria e introducimos a ECG nas nosas materias, co apoio de SIG e AGARESO, con dinámicas diferentes, apoiándonos nos recursos comunicativos que ofrecen as novas tecnoloxías e facendo protagonistas da aprendizaxe ao alumnado.
A incorporación desta temática é algo que mantemos, dentro dos títulos de educación infantil, primaria, educación social, e mestrado de formación do profesorado.
Iniciamos un proceso de cartografía social como estratexia para conectar ONGD e profesorado implicado en desenvolver proxectos de ECG. Isto derivou nun mapa dixital que permite contactar entre persoas, coñecer en profundidade proxectos, identificar metodoloxías ou temáticas, rescatar programas e experiencias, etc.
Como resultado de anos de traxectoria de traballo, creamos o Grupo de Investigación de Educación para a Cidadanía Global da Universidade da Coruña (ECIGAL), o cal aglutina a investigadoras da Facultade de Ciencias da Educación con experiencia neste ámbito. Con elo buscamos dar continuidade a liña de traballo previa; reforzar o traballo en ECG no sistema universitario galego; así como ampliar a novos espazos de investigación e acción e a novas colaboracións con entidades públicas e privadas.
LIÑAS DE INVESTIGACIÓN
A NOSA EQUIPA
ECIGAL é un grupo de investigación conformado por docentes e investigadoras da Universidade da Coruña, xunto con profesionais da ONGD Solidaridad Internacional Galicia
CONTACTO
Universidade da Coruña
Facultade de Ciencias da Educación
Campus Elviña, 15071, A Coruña (Galicia)