top of page

1º premio da UDC a proxectos de innovación docente en Aprendizaxe-Servizo

O proxecto "Historias de vida, territorio e vulnerabilidade. Cartografía emocional do dereito ao hábitat na cidade da Coruña", acadou o 1º premio de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo, da Universidade da Coruña, na liña de redución das desigualdades. O galardón foi entregado no marco das III Xornadas de Aprendizaxe-Servizo, o 10 de setembro de 2010. A experiencia foi desenvolvida durante os cursos 18/19 e 19/20 con alumnado de 3º curso do Grao en Educación Social, no marco da materia Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables, da que é responsable a docente Laura Cruz, integrante de ECIGAL.






Comentários


bottom of page