top of page

Arranque do proxecto GoboJoven

O equipo ECIGAL comeza co proxecto Ciudadanía Global Crítica a través de investigación colaborativa con jóvenes (GloboJoven), subvencionado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Como proxecto coordinado, colaboramos con equipos da Universidade de Oviedo e da Universidade de Cantabria. Acabamos de ter a primeira reunión dos tres equipos en Oviedo, o día 30 de outubro. Agora empezamos con este traballo emocionante, co obxectivo compartido de comprender como a mocidade (14-17 anos) desenvolve cidadanía global en escenarios presenciais (formais e non formais) e virtuais a través do seu rol como investigador@s de retos globais.


Coñece máis sobre o proxecto na nosa web.




Comments


bottom of page