top of page

Marli e Olga, benvidas á equipa!

No grupo ECIGAL acollemos a investigadoras, docentes e estudantes que se integran temporalmente na nosa equipa para formarse e colaborar. Durante os meses de setembro a xaneiro contamos coa colaboración da profesora Francisca Marli Rodrigues de Andrade, da Universidad Federal Fluminense do Brasil. Celebramos a oportunidade destes intercambios internacionais e a mirada que achegan dende outros contextos.


Esta semana é Olga Osorio Márquez a que se incorpora á equipa de traballo, estudante do Grao de Educación Infantil da nosa Facultade. Olga estará compartindo con nós durante 5 meses 8 horas á semana, grazas ás bolsas de colaboración da UdC, concibidas como unha oportunidade de formación complementaria para o alumnado.


Se es estudante da UdC e tes interese en formarte colaborando dentro de Departamentos, Grupos de investigación, Servizos ou proxectos da túa facultade ou da Universidade, non dubides en consultar as bases destas bolsas en: https://www.udc.es/es/sape/bolsas_axudas_premios/bolsas-colaboracion-udc/



 

コメント


bottom of page