top of page

Obradoiro sobre "Introducir a lingua caboverdiana nas escolas"

O sábado 21 de maio, Renée DePalma acompañou á especialista en educación bilingüe Ana Josefa Cardoso na organización dun taller na Universidade de Cabo Verde (UCV), no que profesorado de centros educativos e da unviersidade, escritores e activistas da lingua e a cultura debateron sobre as formas de introducir a lingua comunitaria, o kriolu, no sistema escolar. A pesar da súa independencia de Portugal en 1975, a lingua oficial de Cabo Verde segue sendo o portugués, mentres que a inmensa maioría da poboación fala kriolu nos seus fogares e contextos comunitarios. Ata a data, a lingua comunitaria mantense excluída dos contextos escolares caboverdianos, polo que este taller deseñouse para explorar as posibilidades e os retos de incorporar a lingua materna á escola, tal e como recomenda a Unesco – ver https://www.unesco.org/es/languages-education


Comments


bottom of page