top of page

Participamos do V Congreso Educación para la Transformación Social

Do 18 ao 20 de novembro estivemos a participar do V Congreso Educación para la Transformación Social “Educar na incerteza liberadora”. O congreso proxectouse como un espazo de articulación de pensamentos e de loita contra a hexemonía en todos os ámbitos da socialización, incluído o cultural e o educativo.



Alí nos xuntamos persoas transformadoras, movementos e organizacións, que compartimos as nosas experiencias e sobre todo reflexións. Para nós foi un espazo no que coñecer xente, proxectos interesantes, dar a coñecer o Emapic, facer enlaces. Un espazo no que, tal e como era a intencionalidade do HEGOA coa celebración deste congreso, reforzarnos mutuamente para que a Educación para a Transformación Social sexa unha estratexia viva, para sentir que estamos camiñando cara á transición que queremos e que o facemos en clave colectiva, empoderadora e emancipadora.


Vitoria-Gasteiz acolleunos da mellor forma posible, desfrutamos da fermosa cidade, dos seus pinchos, das conversas, dos relatos dunha cidadanía comprometida na defensa do cambio e dos dereitos.


Experiencia a repetir. Que conten con nós na VI edición do Congreso!

Comments


bottom of page