Rosa María Méndez García
Profesora Contratada Doutora da Área de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Coruña. A miña liña principal de investigación cémtrase no currículo e o proceso de ensino-aprendizaxe, prestando especial atención ás metodoloxías activas de traballo na aula e á avaliación da aprendizaxe, e centrándome especialmente no ensino universitario. Como enfoque metodolóxico teño experiencia no uso de métodos mixtos, pero a miña carreira está máis enfocada á perspectiva cualitativa con experiencia en IAP. Nos últimos anos os meus obxectivos de investigación diríxense a estudar a pertinencia da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global nos currícula do sistema educativo tanto universitario como non universitario, e reivindicar a presenza deste enfoque nas políticas educativas públicas.
Sobre min
Licenciada en Psicopedagoxía (1997) con Premio Extraordinario de Licenciatura, e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (2007) tras defender a tese doutoral titulada "As actitudes dos estudantes cara á Universidade como indicador de calidade", obtendo o Premio Extraordinario de Doutoramento.
Profesora universitaria da Área de Didáctica e Organización Escolar desde 2004, con experiencia laboral en tres universidades: Universidad de Murcia, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Coruña, onde exerce como profesora contratada doutora desde 2009.
A miña traxectoriaa investigadora comezou en 1998 coa realización da Memoria de Licenciatura e estivo sempre vinculada á área de didáctica e organización escolar. Como característica peculiar da miña experiencia científica, cómpre ter en conta que me unín a grupos de investigación en tres universidades diferentes: a Universidade de Santiago de Compostela (dende 1998 ata a actualidade), a Universidade de Murcia (de 2004 a 2013) e a Universidade da Coruña dende 2009 ata a actualidade).
Como membro destes grupos de investigación, participei en numerosos proxectos sobre docencia universitaria, titorías, educación especial, horarios escolares, boas prácticas docentes, exclusión social, educación para o desenvolvemento e cidadanía global e recursos TIC para o ensino. todos eles dirixidos a contribuír á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe desde diferentes perspectivas de análise, e lograr cubrir os diferentes niveis do sistema educativo (infantil, primaria, secundaria, formación profesional e universidade). Do mesmo xeito, aínda que o enfoque de investigación predominante centrouse no estudante como a principal fonte de información, tamén tiven a oportunidade de investigar baseándose no coñecemento experto dos principais profesores de boas prácticas e dos profesores eméritos.
Participei en congresos nacionais e internacionais sobre docencia universitaria e innovación docente, nalgúns casos colaborando na súa organización. Son colaboradora de revistas como Innoeduca ou Educatio S.XXI e son membro do consello asesor da revista Aula de Infantil da editorial Graó.
Afondei nunha liña de investigación sobre o currículo e o proceso de ensino-aprendizaxe, prestando especial atención ás metodoloxías activas de traballo na aula e á avaliación da aprendizaxe, e centrándome especialmente no ensino universitario. Como enfoque metodolóxico teño experiencia no uso de métodos mixtos, pero a miña carreira está máis enfocada á perspectiva cualitativa con experiencia en IAP.
Na actualidade, os meus obxectivos de investigación seguen a ser profundar no estudo do proceso de ensino-aprendizaxe a través do uso de recursos tecnolóxicos e a preocupación pola introdución do enfoque Educación para a cidadanía global nos currículos do sistema educativo.
Contacto
Facultade de Ciencias da Educación
Universidade da Coruña
Campus de Elviña s/n 15071. A Coruña
981 167000 ext. 4620