top of page

TRANSFERENCIA

Criterios de boas prácticas xuntos.JPG

MOOC formativo e criterios de boas prácticas en ECG

No marco do proxecto "Investigando no territorio para coñecer e recoñecer experiencias de ECG", financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, elaboramos unha serie de materiais e recursos formativos cos que buscamos fortalecer o traballo de ECG nas escolas.

 

MOOC Educación para a cidadanía global na escola. Unha mirada dende a práctica.

Criterios de boas prácticas para a ECG na escola.

EPDCILibro.jpg

La educación para el desarrollo y la ciudadanía global

Nesta obra recóllense experiencias que permiten identificar metodoloxías, temáticas, enfoques e instrumentos, e que contribúen a visibilizar as luces e sombras, os acertos e dificultades aos que nos enfrontamos á hora de traballar a EPD.

Pretende ser unha ferramenta útil para profesionais que traballan en EPD e, moi especialmente, para o profesorado. 

xornadas EPDCG ECIGAL.JPG

Xornadas de Desenvolvemento e Cidadanía Global

No ano 2019 cumpríamos 7 edicións das Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global. Estas Xornadas, organizadas dende a ONGD Solidaridade Internacional Galicia e a Facultade de Ciencias da Educación da UdC, reúnen cada ano a especialistas e profesionais para dialogar sobre os principais retos do tempo actual e estratexias educativas para avanzar, dende unha mirada glocal, cara un mundo máis xusto.

Mapa_experiencias_EPDCG_senlenda.JPG
cenit_logo_c.png

A ONGD Solidariedade Internacional de Galicia (SIG) e o Grupo de Investigación ECIGAL da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña, desenvolvemos esta ferramenta coa que coñecernos, punto de partida para tecer unha rede de centros e entidades que traballan en ECG, así como establecer liñas de colaboración e aprendizaxe compartida.

Logo fundación esplai.JPG

Clic contra a soidade non desexada

Neste proxecto colaboramos coa Fundación Esplai para atender a unha das problemáticas do noso tempo: a soidade non desexada das persoas maiores. 

A través dun proceso de Investigación-Acción-Participativa indagaremos sobre se as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) constitúen unha ferramenta para a
prevención da soidade non desexada.

Para ello, queremos realizar un proceso 
participativo onde as personas maiores estean no centro, non só tendo 
en conta as súas demandas, senón actuando na toma de decisións e no deseño das accións que permitirán pór as ferramentas tecnolóxicas ao servizo do seu benestar.

Plan ASC Monterroso.png

Plan de ASC na prisión de Monterroso

Nun contexto social tan particular como é a prisión, confiamos na animación sociocultural como estratexia de traballo que permite acrecentar as posibilidades de educación, no respecto aos dereitos da persoa.

Sabendo das dificultades que impón este contexto, a experiencia na prisión de Monterroso é unha mostra elocuente das posibilidades desta metodoloxía na  á hora de acrecentar as posibilidade de educación e participación en prisión e a apertura do centro cara o exterior.

Se queres saber máis dos proxectos en marcha, escríbenos!

Copia de Cartografia_P1_edited.jpg

Cartografía corporal: dos discursos de odio a un lecer compartido

A través dunha experiencia de APS con estudantes do Grao en Educación social, exploramos como afectan os discursos de odio ao noso benestar, identificando as repercusións en cada unha das esferas da integralidade humana.

Grazas á colaboración de diversas entidades da Rede Acampa, tivemos a oportunidade de aprender de quen máis sofre estes discursos, así como xerar espazos de convivencia a través do lecer. 

 

bottom of page