Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de IAP nun centro educativo de Galicia (II) (2016-2017)
IP: Renée DePalma
Outras persoas do equipo investigador: Begoña Bas López, Ánxela Bugallo Rodríguez, Patricia Carballal, Mª Dolores Cotelo Guerra, Patricia Digón Regueiro, Luis Iglesias Salgado, Silvana Longueira Matos, Rosa María Méndez García, Mª Cristina Naya Riveiro, Vanessa Pazos Leis, Mª Cristina Pérez Crego, Araceli Serantes Pazos, Iria Sobrino Freire, María Helena Zapico Barbeito
Entidade colaboradora: CPI Virxe da Cela e Solidariedade Internacional Galicia
Entidade financiadora: Cooperación Galega (Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia)
Cantidade da financiación: 44.919,00 euros
Na segunda fase deste proxecto de investigación-acción colaborativa (IAP), traballamos os procesos de posta en marcha e da recollida e análise de datos. A aplicación do Plan de Acción Integral implicou a realización de certas modificacións non previstas sobre o deseñado, debido ao cambio de curso académico acompañado dun proceso de mobilidade docente.
As accións deseñadas integráronse no proxecto “A vaquiña polo que vale” e, para cada proposta didáctica, definiuse: a actividade a realizar, os obxectivos, os contidos, as metodoloxías, os recursos, os procesos de avaliación, a conexión co proxecto de centro e con outros proxectos, o profesorado involucrado, o nivel educativo, as temáticas e a súa vinculación co currículo. Os plans específicos tiñan os seguintes nomes: Plan I: Explotacións gandeiras; Plan II: Leite; Plan III: Mundo e sociedade.
Utilizamos unha perspectiva emic (ao recoller as avaliacións do profesorado das aulas, para proporcionar a visión interna) e unha etic (ao participar e observar nas practicas, coa perspectiva externa). Analizamos tamén as relacións inter-institucionais que se xeraron ao longo da colaboración.