Entidades impulsoras: Universidade da Coruña e Solidariedade Internacional de Galicia
IPs: Renée De Palma Úngaro e Miguel Samaniego Eguiguren
Outras persoas do equipo investigador: Laura Cruz López, Rosa María Méndez García, Araceli Serantes Pazos, María Barba Núñez, Uxía Hadaly Romero Bouzas, Luis Román Suárez Canedo, María José Caride, Eloi Fernández Ramos, Solangeles Ortiz Bedregal, Lorena Rilo Pérez e Paloma Longueira Gómez.
Entidade financiadora: Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Axudas ás universidades galegas para proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento.
Cantidade da financiación: 30.000 €.
O proxecto “Decolonizando os programas de achegamento á cooperación internacional” (DECO-UNI, PR815A-2025-00000018-00) ten como finalidade avaliar, desde unha perspectiva participativa, crítica e decolonial, o impacto das estadías no Sur Global na formación do estudantado e do profesorado, así como nas organizacións que acollen estas experiencias. A investigación analiza os programas PCR/PCC da Universidade da Coruña e outras iniciativas similares no Sistema Universitario Galego e no norte de Portugal, atendendo aos seus efectos nos coñecementos, actitudes e prácticas vinculadas á educación para a cidadanía global e á cooperación ao desenvolvemento.
O proxecto busca tamén identificar posibles dinámicas de asistencialismo ou “complexo de salvador” e propoñer estratexias para evitalas. Como resultado, desenvolverase un modelo de avaliación ético, participativo e replicable que incorpore as voces das organizacións do Sur Global e contribúa á mellora das políticas universitarias, ao fortalecemento das relacións Norte-Sur e á promoción dunha cooperación máis horizontal, transformadora e xusta.
Decolonizando os programas de achegamento á cooperación internacional: Avaliación participativa das estadías universitarias no Sur Global (2025-2026)