Do 27 ao 30 de maio poidemos participar unha vez máis nas reunións de centros, equipamentos e núcleos de Educación e Cooperación Socioambiental. Formar parte deste proceso de definición do campo, coñecer experiencias inspiradoras e transformadoras, dialogar coas personas que o fan posible e participar nas prácticas de distintos colectivos constitúe unha verdaeira fonte de enriquecemento mutuo.
Neste ano o debate centrouse en definir desde a base estas tres categorias que valoramos como un exercicio de diálogo exemplar. O Ministerio de Meio Ambiente optou por dar respostaa necesidade de crear tipoloxías a través de grupos de traballo que deran conta da súa entidade, necesidades, obxectivos e formas de actuar.
Desde ECIGAl podemos compartir a nosa experiencia nas distintas iniciativas de regulación do sector, tanto a nivel Autonómico (Galiza) como Estatal.
Agradecemos unha vez máis a oportunidade de participar deste proxecto de construción conxunta.


