Participamos do V Congreso Educación para la Transformación Social

Do 18 ao 20 de novembro estivemos a participar do V Congreso Educación para la Transformación Social “Educar na incerteza liberadora”. O congreso proxectouse como un espazo de articulación de pensamentos e de loita contra a hexemonía en todos os ámbitos da socialización, incluído o cultural e o educativo.

Alí nos xuntamos persoas transformadoras, movementos e organizacións, que compartimos as nosas experiencias e sobre todo reflexións. Para nós foi un espazo no que coñecer xente, proxectos interesantes, dar a coñecer o Emapic, facer enlaces. Un espazo no que, tal e como era a intencionalidade do HEGOA coa celebración deste congreso, reforzarnos mutuamente para que a Educación para a Transformación Social sexa unha estratexia viva, para sentir que estamos camiñando cara á transición que queremos e que o facemos en clave colectiva, empoderadora e emancipadora.

Vitoria-Gasteiz acolleunos da mellor forma posible, desfrutamos da fermosa cidade, dos seus pinchos, das conversas, dos relatos dunha cidadanía comprometida na defensa do cambio e dos dereitos.

Experiencia a repetir. Que conten con nós na VI edición do Congreso!

Entradas recentes
admin

Congreso CIPIES

O Grupo de investigación ECIGAL, co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, o Grupo SEPA-interea da USC, o

Ler máis »
guest

0 Comentarios
Máis vello
Máis recente
Comentarios en liña
Ver tódolos comentarios
0
Encantaríame coñecer as túas opinións, por favor comenta.x