Universidades impulsoras: Universidade de Cantabria, Universidade de Oviedo, Universidade da Coruña IP (Subproyecto UDC): Renée DePalma 

Outras persoas do equipo investigador: María Barba Núñez, Laura Cruz López, Alba Patricia Digón Regueiro, Rosa María Méndez García e Araceli Serantes Pazos. Outros investigadores implicados: José Miguel Samaniego Eguiguren e Uxía Hadaly Romero Bouzas.

Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia, Investigación y Uniersidades. Convocatoria e Generación del conocimiento 2023.

Cantidade da financiación: 29,752.00 €.

É imposible planificar o futuro sen ter en conta a nova xeración de mozos e mozas que, non só herdarán o planeta senón que xa, dende o presente, son parte activa deste. Nun informe publicado en 2022, a UNESCO fai un chamamento ás universidades para que contribúan á construción dos novos retos da educación, e a sistematizar a aprendizaxe a través de metodoloxías participativas que inclúan investigación dirixida pola mocidade (páx. 129). Os retos globais establecidos pola ONU en forma de 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) guían este contrato social, e a súa relevancia para a educación en España ponse de manifesto na inclusión destes obxectivos como enfoque transversal no sistema educativo (LOMLOE, 2020).

A investigación proposta pretende abordar problemas globais como o cambio climático, as desigualdades, os discursos de odio ou a xenofobia desde a propia perspectiva da mocidade. Aínda que as investigacións, tanto nacionais como internacionais, detectaron tendencias de apatía e desconexión coa vida político-cívica entre as persoas menores, é certo que os enfoques centrados na persoa dulta da sociedade actual non proporcionan ferramentas para espertar o seu interese e fomentar a súa participación.

Coa identificación, formación e acompañamento de grupos de mozos e mozas que investigan desafíos globais (JIRG), pretendemos romper o seu sentido de impotencia e reparar a exclusión institucional que sofren, respecto dos grandes debates e plans de acción promovidos polas organizacións globais, implicando a esta mocidade como cidadadanía global, crítica e activa na construción do seu propio futuro.

A nosa metodoloxía cualitativa adáptase aos principais obxectivos do proxecto, aportando o grao de profundidade e participación necesaria para 1) investigar as perspectivas e experiencias de vida da mocidade con respecto aos retos global 2) deseñar proxectos JIRG e documentar os procesos e 3) avaliar, sistematizar e difundir os resultados.

Na primeira fase do proxecto, revisaremos as fontes existentes sobre o estado da arte, incluíndo literatura académica, informes e marcos institucional a varios niveis (internacional, nacional e rexional). Informadas sobre este contexto, recolleremos datos a través de entrevistas semiestructuradas en profundidade a profesionais e mocidade participante en iniciativas, activismos e movementos sociais relacionados co tema.

Na segunda fase, seleccionaremos aos mozos e mozas para constituír os grupos JIRG e proporcionar o formación especializada e apoio necesario, en canto a contidos e metodoloxía, para realizar investigacións dirixidas por eles e elas mesmas. Na última fase, analizaremos os resultados desta experiencia, contrastándoos cos marcos de información existentes, facilitando o debate con persoas expertas, difundindo a información obtida a nivel académico, e difundíndoa aos sectores sociais interesados. A nosa investigación está contextualizada na Comunidade Autónoma de Galicia, onde desenvolvemos a nosa traxectoria de investigación e xeramos os contactos precisos para impulsala.

Ao mesmo tempo, como parte dun Proxecto Coordinado, a investigación reforzarase coa estreita colaboración cos outros dous equipos territoriais (Asturias y Cantabria), a través dos procesos de formación interna, diálogo interpretativo e comunicación dos resultados.

Ciudadanía Global Crítica a través de investigación colaborativa con mocidade (2024-2028)