Universidades impulsoras: Universidade de Cantabria, Universidade de Oviedo, Universidade da Coruña IP (Subproyecto UDC): Renée DePalma
Outras persoas do equipo investigador: María Barba Núñez, Laura Cruz López, Alba Patricia Digón Regueiro, Rosa María Méndez García e Araceli Serantes Pazos. Outros investigadores implicados: José Miguel Samaniego Eguiguren e Uxía Hadaly Romero Bouzas.
Entidade financiadora: Ministerio de Ciencia, Investigación y Uniersidades. Convocatoria e Generación del conocimiento 2023.
Cantidade da financiación: 29,752.00 €.
É imposible planificar o futuro sen ter en conta a nova
xeración de mozos e mozas que, non só herdarán o planeta senón que xa, dende o
presente, son parte activa deste. Nun informe publicado en 2022, a UNESCO fai
un chamamento ás universidades para que contribúan á construción dos novos
retos da educación, e a sistematizar a aprendizaxe a través de metodoloxías
participativas que inclúan investigación dirixida pola mocidade (páx. 129). Os
retos globais establecidos pola ONU en forma de 17 Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible (ODS) guían este contrato social, e a súa relevancia
para a educación en España ponse de manifesto na inclusión destes obxectivos
como enfoque transversal no sistema educativo (LOMLOE, 2020).
A
investigación proposta pretende abordar problemas globais como o cambio
climático, as desigualdades, os discursos de odio ou a xenofobia desde a propia
perspectiva da mocidade. Aínda que as investigacións, tanto nacionais como
internacionais, detectaron tendencias de apatía e desconexión coa vida
político-cívica entre as persoas menores, é certo que os enfoques centrados na
persoa dulta da sociedade actual non proporcionan ferramentas para espertar o
seu interese e fomentar a súa participación.
Coa
identificación, formación e acompañamento de grupos de mozos e mozas que
investigan desafíos globais (JIRG), pretendemos romper o seu sentido de
impotencia e reparar a exclusión institucional que sofren, respecto dos grandes
debates e plans de acción promovidos polas organizacións globais, implicando a
esta mocidade como cidadadanía global, crítica e activa na construción do seu
propio futuro.
A nosa
metodoloxía cualitativa adáptase aos principais obxectivos do proxecto,
aportando o grao de profundidade e participación necesaria para 1) investigar
as perspectivas e experiencias de vida da mocidade con respecto aos retos
global 2) deseñar proxectos JIRG e documentar os procesos e 3) avaliar,
sistematizar e difundir os resultados.
Na primeira
fase do proxecto, revisaremos as fontes existentes sobre o estado da arte,
incluíndo literatura académica, informes e marcos institucional a varios niveis
(internacional, nacional e rexional). Informadas sobre este contexto,
recolleremos datos a través de entrevistas semiestructuradas en profundidade a
profesionais e mocidade participante en iniciativas, activismos e movementos
sociais relacionados co tema.
Na segunda
fase, seleccionaremos aos mozos e mozas para constituír os grupos JIRG e
proporcionar o formación especializada e apoio necesario, en canto a contidos e
metodoloxía, para realizar investigacións dirixidas por eles e elas mesmas. Na
última fase, analizaremos os resultados desta experiencia, contrastándoos cos
marcos de información existentes, facilitando o debate con persoas expertas,
difundindo a información obtida a nivel académico, e difundíndoa aos sectores
sociais interesados. A nosa investigación está contextualizada na Comunidade
Autónoma de Galicia, onde desenvolvemos a nosa traxectoria de investigación e
xeramos os contactos precisos para impulsala.
Ao mesmo
tempo, como parte dun Proxecto Coordinado, a investigación reforzarase coa
estreita colaboración cos outros dous equipos territoriais (Asturias y Cantabria),
a través dos procesos de formación interna, diálogo interpretativo e
comunicación dos resultados.