APS na prisión: colaborando coa Radio LibreMente

A Radio LibreMente, é un medio de expresión e comunicación social a través do que as persoas presas na UTE de Monterroso trasladan as súas opinións e experiencias, así como tamén un espazo no que abrirse á participación de persoas externas. A través da metodoloxía de Aprendizaxe Servizo, dende ECIGAL e a OCV da UdC […]

ONGDs, profesorado e persoal de institucións educativas comparten visións e experiencias no webinar

O Grupo de Investigación ECIGAL e a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia organizan un espazo onde profesionais da educación de diversas comunidades autónomas conversan sobre educación crítica e transformadora Encontro “Diálogo sobre Educación para la Ciudadanía Global en la escuela: realidades y propuestas” O Grupo de Investigación Educación para a Cidadanía Global (ECIGAL) e a […]

Organizamos o webinar “Diálogo sobre ECG na escola: realidades e propostas”

Grupo de investigación ECIGAL e Solidariedade Internacional de Galicia organizamos os próximos 7 e 9 de xuño de 17h a 20h o webinar “Diálogo sobre Educación para a Ciudadanía Global na escola: realidades e propostas”. Estas xornadas teñen como obxectivo principal compartir e dialogar sobre os resultados iniciais da investigación Mapping Critical Global Citizenship Education […]

Presentamos o proxecto MAPESS nas xornadas Showcasing Global Educational Research

O 22 de marzo, 2022 a EERA (A asociación europeo de investigación en educación) celebrou unha xornada virtual dedicada á divulgación de resultados dos proxectos de investigación subvencionados polos premios de Educación Global, concedidos en colaboración con GENE (Rede Europea de Educación Global). Presentamos os resultados do proxecto Mapping Critical Global Citizenship Education in Spanish […]

Proxectos que enchen de vida a prisión de Monterroso

Con este títlo publicou La Voz de Galicia un artigo sobre o proxecto que desenvolve a asociación Aliad Ultreia coa colaboración do grupo ECIGAL da UdC e do Grupo SEPA-interea da USC, e o financiamento da Obra Social La Caixa.   Un Plan de Animación sociocultural na prisión, que como indica Paula Polo, a educadora […]

Marli e Olga, benvidas á equipa!

No grupo ECIGAL acollemos a investigadoras, docentes e estudantes que se integran temporalmente na nosa equipa para formarse e colaborar. Durante os meses de setembro a xaneiro contamos coa colaboración da profesora Francisca Marli Rodrigues de Andrade, da Universidad Federal Fluminense do Brasil. Celebramos a oportunidade destes intercambios internacionais e a mirada que achegan dende […]

Participamos do V Congreso Educación para la Transformación Social

Do 18 ao 20 de novembro estivemos a participar do V Congreso Educación para la Transformación Social “Educar na incerteza liberadora”. O congreso proxectouse como un espazo de articulación de pensamentos e de loita contra a hexemonía en todos os ámbitos da socialización, incluído o cultural e o educativo. Alí nos xuntamos persoas transformadoras, movementos […]

Presentamos ECIGAL no XXXIII Congreso internacional da SIPS

Os días 28 e 29 de outubro e 4 e 5 de novembro de 2021 celebrouse o XXXIII Congreso Internacional da Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social, organizado polo Grupo SEPA-interea da USC, en torno á temática “Educación Ambiental e Cultura da Sostibilidade: construíndo a transición ecolóxica”. Desenvolveuse nunha modalidade híbrida que combinou espazos virtuais e […]

Nova axuda concedida para a labor investigadora na ECG

O pasado mes de xullo de 2021, Cooperación Galega da Xunta de Galicia publicou a resolución de axudas concedidas para a realización de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, na cal o noso equipo conseguiu financiamento para desenvolver a terceira fase do proxecto “Investigando no territorio para coñecer e recoñecer experiencias […]

O CENIT obtén avaliación positiva na primeira convocatoria do Plan TRANSFIRE UDC

O Cenit (Mapa de experiencias en ECG) foi seleccionado como resultado de investigación con grao de maduración suficiente para a transferencia no marco da primeira convocatoria do Plan TRANSFIRE UDC, a cargo da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia, a través da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) da Universidade da Coruña.