Obradoiro sobre “Introducir a lingua caboverdiana nas escolas”

O sábado 21 de maio, Renée DePalma acompañou á especialista en educación bilingüe Ana Josefa Cardoso na organización dun taller na Universidade de Cabo Verde (UCV), no que profesorado de centros educativos e da unviersidade, escritores e activistas da lingua e a cultura debateron sobre as formas de introducir a lingua comunitaria, o kriolu, no […]

Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

ECIGAL participou na Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento da Universidade de Vigo, 0 día 9 de maio, 2023. Compartimo unha mesa sobre Alianzas Universidade -ONGD: unha oportunidade para colaborar no marco da cooperación con Arquitectura sen fronteiras e Enxeñaría sen fronteiras. Foi un intercambio de experiencias e perspectivas moi interesante!

II Congreso de Evaluación Educativa, con enfoque de cidadanía global

Os días 7 e 8 de outubro en Pilas (Sevilla), Madre Coraje convídanos a reunirnos para reflexionar sobre a avaliación educativa cun enfoque de cidadanía global. O II Congreso enmárcase no proxecto ‘Educar para a transformación que o mundo necesita’ (exp. 0F006/2020), financiado pola AACID, e contaron con ECIGAL como membros do Comité Científico. As […]

Xornadas de intercambio de saberes contra as violencias machistas

Dende Solidariedade Internacional de Galicia e o grupo de investigación ECIGAL, temos o pracer de presentar as I Xornadas internacionais de intercambio de saberes desde a Cooperación ao Desenvolvemento; Estratexias contra as violencias machistas cara ás mulleres para unha vida plena. Este espazo ten como obxectivo comprender a dimensión global dun problema estrutural (as violencias […]

MOOC: Educación para la ciudadanía global en la escuela

Na UdC Aberta, plataforma Mooc da UdC: https://udcaberta.udc.gal/ Estrenamos sección de Formación na web de Ecigal, e o facemos compartindo con vós o curso online: Educación para a cidadanía global na escola. Unha mirada dende a práctica. Este curso pretende dar a coñecer o que implica incorporar o enfoque da educación para a cidadania global […]

Obradoiro de alfabetización dixital

Toda educadora e educador social ten un papel fundamental na alfabetización dixital e mediática da cidadanía. Nos seus distintos ámbitos de traballo poden planificar e desenvolver situacións de aprendizaxe dirixidas a traballar cos medios de comunicación como obxecto de estudo, favorecendo procesos que impliquen a análise crítica das mensaxes dos medios e a creación de […]

Premio TFG: As Epistemoloxías do Sur na Educación para o Desenvolvemento

A OCV convocou no pasado mes de novembro unha nova edición dos Premios UDC a Traballos de fin de Grao e Traballos de Fin de Máster (TFM) en cooperación ao desenvolvemento. Esta iniciativa pretende contribuír á transformación local e global, potenciando aqueles estudos e traballos que axuden a un mellor coñecemento das prácticas enfocadas ao […]

Formación con Madre Coraje nas Xornadas de ECG

Dentro do VIII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global que organizamos entre o Grupo ECIGAL da UdC e Solidariedade Internacional, desenvolveremos un obradoiro dirixido a profesorado e profesionais de entidades sobre estratexias para vincular a ECG no currículo. Será dinamizado por Madre Coraje. Concretamente, contaremos con Javier Saborido, responsable de proxectos de educación da […]

III Seminario de educacións en prisión

Dende o Plan de Animación Sociocultural que desenvolvemos en colaboración coa asociación Aliad Ultreia e co grupo SEPA-interea da USC, estamos a impulsar o que é o III Seminario de Educacións en Prisión, nesta edición centrado na participación en prisión. Celebrarase o 28 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Podes consultar […]

Aberta a convocatoria da II edición do Premio Galego de ECGD

A Coordinadora Galega de ONGD abre a convocatoria da segunda edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. Anímate a participar e compartir a vosa experiencia! Accede a través do […]