Xornadas de intercambio de saberes contra as violencias machistas
- abril 19, 2023
- No Comments
- Compartir
Dende Solidariedade Internacional de Galicia e o grupo de investigación ECIGAL, temos o pracer de presentar as I Xornadas internacionais de intercambio de saberes desde a Cooperación ao Desenvolvemento; Estratexias contra as violencias machistas cara ás mulleres para unha vida plena.
Este espazo ten como obxectivo comprender a dimensión global dun problema estrutural (as violencias machistas), achegándonos á realidade de diferentes territorios (Guatemala, Bolivia e España), poñendo en común experiencias, metodoloxías e filosofías entre colectivos que comparten ámbito de actuación, pero non territorio (Kaqla, Mujeres Creando e Aliad Ultreia).
Se tes interese en participar podes facer a túa inscrición a través do seguinte enlace: INSCRICIÓN ÁS XORNADAS (google.com)

