Tras un ano de silencio, a web de ECIGAL volve cunha decisión consciente: deixar Wix, empresa con sede en Israel sinalada polo movemento BDS (Boicot, Desinvestimento e Sancións) como obxectivo de boicot, e trasladar o noso espazo a WordPress, software libre.
É a nosa forma de expresar a repulsa ao xenocidio que sofre o pobo palestino, en coherencia coas liñas de acción do colectivo «UDC por Palestina» e co manifesto aprobado por unanimidade polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 26 de xuño de 2024.
Dende a Educación para a Cidadanía Global entendemos que o compromiso tamén se demostra nas decisións cotiás, incluídas as ferramentas dixitais que empregamos. Grazas por seguirdes aí: moi axiña, máis novidades sobre a nosa investigación.


