Decolonizar para transformar: xornadas sobre os programas universitarios de cooperación internacional
Os días 5 e 6 de novembro, a Facultade de Ciencias da Educación da UDC acolle as xornadas Decolonizar para transformar: repensando os programas universitarios de cooperación internacional. Organízanas ECIGAL en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da UDC e Solidariedade Internacional de Galicia.
Durante dúas mañás e unha tarde, compartiremos diálogos Sur-Norte e faladoiros con organizacións e movementos sociais de Bolivia, Guatemala, Honduras, Portugal e Galicia. Tamén escoitaremos as vivencias de estudantado que participou en estadías de cooperación. Presentaremos ademais os resultados do proxecto de investigación Deco-Uni, que analiza os imaxinarios, discursos e prácticas (de)coloniais da cooperación universitaria.
Unha pregunta guiará estes días: é posible unha cooperación internacional decolonial desde as universidades?
Ver programa completo: 02_programa.
Inscrición: encher o formulario


