Repensar a ECG desde a cidadanía da infancia: novo artigo na Revista Complutense de Educación

Traballas con nenas e nenos na escola, nunha ONGD ou nun proxecto comunitario? Preguntácheste algunha vez se as túas propostas de Educación para a Cidadanía Global os tratan como cidadanía do presente ou como futura cidadanía?

Neste artigo, María Barba, Laura Cruz e Renée DePalma cruzan as teorías sobre cidadanía da infancia coas catro dimensións clásicas da ECG: sensibilización, formación e investigación, incidencia e transformación. O resultado é un marco interpretativo para revisar a propia práctica educativa.

Para cada dimensión atoparás as súas potencialidades, os riscos máis habituais e claves para orientala cara o protagonismo infantil. Entre os riscos están o pseudoprotagonismo, a participación simbólica ou construír desde o privilexio (adulto, do Norte Global, etc.). As dimensións non se presentan como chanzos dunha escaleira, senón como formas de acción complementarias. Todas apuntan a un mesmo fin: unha práctica que potencie a acción e o protagonismo real de nenas e nenos, vivido no cotián, con sentido comunitario e mirada global.

Descarga o artigo en: Vista de Repensar la Educación para la Ciudadanía Global desde la ciudadanía de la infancia: propuesta de un marco interpretativo

Entradas recentes
guest

0 Comentarios
Máis vello
Máis recente
0
Encantaríame coñecer as túas opinións, por favor comenta.x