Charlando con Raiza Zeballos, de Mujeres Creando
O xoves 5 de novembro, de 18:30 a 20:00, recibimos a Raiza Zeballos, integrante do colectivo feminista boliviano Mujeres Creando, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación.
Raiza é unha das autoras de Justicia feminista, unha obra colectiva con prólogo de Rita Segato. A partir dela conversaremos sobre feminismos comunitarios e populares, xustiza e formas de resistencia que nacen fóra das institucións.
Esta charla forma parte da súa visita á UDC, onde participa tamén nas xornadas Decolonizar para transformar.
Entrada libre ata completar aforo.


