ECIGAL participa do Estival 4.7.

ECIGAL participamos o pasado fin de semana, desde o 12 ao 14 de xullo no “Estival 4.7” organizado polo Movemento 4.7 co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). O Movemento 4.7 (https://www.4punto7.org/) é unha plataforma impulsada por catro organizacións do ámbito da cooperación internacional (Alboan, Entreculturas, InteRed e ONGAWA) que […]
A Facultade de Educación da UDC recibe o Premio Galego de Educación para a Cidadanía Global grazas a unha experiencia impulsada por ECIGAL

A Facultade de Ciencias da Educación da UDC resultou premiada na categoría de ensinanzas universitarias da III edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, que promove a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. A iniciativa galardoada Cartografía corporal: dos discursos de odio a un lecer compartido desenvolveuse no curso […]
MEMORIA 2023 SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA

Temos publicada a memoría da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia do ano 2023, en formato dun vídeo resumo: https://www.youtube.com/watch?v=4VFevsIDf9U
Tesis doctoral sobre la percepción de raza por parte de la infancia

Parabéns á Dra. Zeynep Pamukçu, que o luns 4 de marzo de 2024 defendeu a súa tese titulada Minority Children’s Perception of Race: A Child-Centered Ethnographic Approach. A tese, codirixida por Renée DePalma y Antía Pérez Caramés, baséase nun estudo etnográfico situado nunha ONG e explora como niñ@s racializad@s de orixe inmigrante se entenden a […]
Publicación na Revista Internacional de Educación para la Justicia Social

Méndez, R. M., & Digón, P. (2023). Justicia Global y Educación Primaria: El Caso de las Matemáticas, Ciencias y Lenguas. Revista Internacional de Educación para la Justicia Social, 12(2), 45–62. https://doi.org/10.15366/riejs2023.12.2.003 Este traballo está baseado nos resultados do proxecto Mapping Critical Global Citizenship Education in Spanish Schools (2021), subvencionada pola European Educational Research Association (EERA) […]
Premio de Aprendizaxe-Servizo

Esta mañá tivo lugar na Reitoría a entrega dos III Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña, que financian e xestionan coordinadamente a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) e o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE). Agradecemos que o proxecto de Aprendizaxe-Servizo “A través das ondas coa […]
Presentación sobre as TIC e a soidade non-desexada entre as persoas maiores

O 9 Novembro, 2023, no Museo Contemporáneo de Arte (Marco) de Vigo, presentamos os resultados dunha investigación encargada pola Fundación Esplai – Ciudadanía Comprometida, sobre as TIC e a soidade non-desexada entre as persoas maiores. Utilizando grupos de discusión, indagamos sobre as posibilidades e limitacións das novas tecnoloxías para abordar este fenómeno, e sacamos algunhas recomendacións […]
Encontro con Haydee Castillo

O día 28 de Setembro tivemos unha reunión moi produtiva coa educadora e activista a favor dos dereitos humanos Haydee Castelo, apatrida nicaraguano. Intercambiamos ideas para recoller e visibilizar experiencias de persoas exiliadas ou represaliadas pola ditadura, e facilitar que o alumnado universitario que se viu obrigado a fuxir do país poida seguir cos seus […]
Participamos no Curso de verán sobre Educación para a Cidadanía Global na Universidade de Cantabria

Puxemos en marcha unha sala cartográfica na que as e os participantes poideron acercarse á metodoloxía da cartografía social e ao instrumento da sala cartográfica; reflexionaron sobre formas de entender e analizar a ECG; e tamén poideron mapear experiencias propias de ECG xunto con outras levadas por nós.
Cartografía corporal. Dos discursos de odio a un lecer compartido

O sábado 17 de xuño estivemos en Acampa pola paz e o dereito a refuxio presentando a exposición “Cartografía corporal. Dos discursos de ocio ao lecer compartido”. Maís de 30 persoas nos acompañaron nesa presentación. Carlota, Stephanie e Henar compartiron o resultado da cartografía corporal sobre discursos de odio, que realizaron coa profesora Laura Cruz […]