Cartografía corporal. Dos discursos de odio a un lecer compartido

O sábado 17 de xuño estivemos en Acampa pola paz e o dereito a refuxio presentando a exposición “Cartografía corporal. Dos discursos de ocio ao lecer compartido”. Maís de 30 persoas nos acompañaron nesa presentación.

Carlota, Stephanie e Henar compartiron o resultado da cartografía corporal sobre discursos de odio, que realizaron coa profesora Laura Cruz e coa colaboración de 14 entidades da Rede Acampa.

Estas cartografías atenden ás dimensións da integridade humana que aprendemos coas Mujeres Mayas Kaqla, examinando como os discursos de odio impactan na nosa mente, emocións, espiritualidade e corpo e, moi especialmente, sobre as persoas máis vulnerabilizadas.

Pero os nosos corpos son tamén espazos de accionar e de resistencias, e as alumnas tamén nos trasladan os espazos de convivencia que xeraron a través do ocio con María Barba na materia de Tempo libre, coa mirada propositiva da educación social.

❤️ Moi agradecidas ás persoas que participaron nas cartografías e experiencias de ocio, ás entidades colaboradoras, a Roi polo loable deseño gráfico, e á Oficina de Cooperación e Voluntariado polo apoio á iniciativa.

Entradas recentes
admin

Congreso CIPIES

O Grupo de investigación ECIGAL, co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, o Grupo SEPA-interea da USC, o

Ler máis »
guest

0 Comentarios
Máis vello
Máis recente
Comentarios en liña
Ver tódolos comentarios
0
Encantaríame coñecer as túas opinións, por favor comenta.x