Este apartado recolle unha mostra das cartografías corporais e dos relatos individuais elaborados polo alumnado de Educación Social. Nelas ilustran e reflexionan sobre os impactos dos discursos de odio nos seus corpos. É fundamentalmente un exercicio de auto coñecemento e autocrítica imprescindible na súa formación antes de poder promover estes procesos exploratorios con outras persoas. 

Contando coa colaboración de diversas entidades sociais, o estudantado implicado nesta experiencia de aprendizaxe-servizo, desenvolveu obradoiros de cartografía corporal colaborativa, o que permitiu promover o diálogo e reflexión arredor do incremento dos discursos de odio e as súas repercusións sobre quen está nunha situación de maior vulneración de dereitos. Neste apartado recóllese a mostra cartográfica e algúns dos relatos compartidos.

ACCEM

ADCOR

ALAS

BOA NOITE

GRUPO DE MOZAS

SENVALOS

CRUZ VERMELLA

ECOS DO SUR

ÉRGUETE

ENTRECULTURAS

PADRE RUBINOS

SANTA LUCÍA

SECRETARIO XITANO

SOS RACISMO